A canteira da Nasmo déixase ver
22 de xullo de 2025 (07:22 h.)
A milagre da Sala Nasmo segue viva, e para celebralo en familia, o local de ensaio muradán volve organizar A Noite da Nasmo. Un día para celebrar as novas bandas que volven facer brillar, unha e outra vez, a vila muradá, demostrando que é un dos berces da música galega contemporánea máis fiables do país.
A cita será este xoves de xullo, na sala de Baño, a partir das 21:30h, para poder gozar de balde de David Pais, Iwias, La Bomba e os xa asentados The Balayos.
Fixádevos na rapazada de Iwias: