Venres. 03.05.2024
El tiempo

Tha Balayos, a banda máis noviña da #SalaNasmo, lanza maqueta

The Balayos en concerto-Foto-Lucas CDC
The Balayos en concerto-Foto-Lucas CDC
Tha Balayos, a banda máis noviña da #SalaNasmo, lanza maqueta

Estarán esta fin de semana no Asaghieiras Master Féstival de Lariño, pero hoxe están de noraboa. A banda máis nova da Factoría da #SalaNasmo vén de sacar maqueta. Falamos de The Balayos, que malia levar xa 2-3 anos na factoría Nasmo, teñen apenas 14 e 15 anos.

Se ben nos seus comezos eran 4, a día de hoxe a banda a forman Miki Pola Balayo (natural do barrio de Buena Vista, en Muros, que fai guitarra e voz) e Xián Lago (de Lariño e canteira da ESMU de Carnota, batería). Coma se dos White Stripes se tratase, son capaces de lanzar temazos punkeiros e divertidos, e cañeiros, puro estilo de bandas muradáns como Terbutalina, The Rapants, Lisdexia…

The Balayos na Sala Nasmo
The Balayos ensaiando na Sala Nasmo

A pesar da súa mocidade xa falan nos seus temazos de temas como precariedade laboral (como en “De fin de mes”) ou dos fochechinchos (nese divertido “Un verán en Galicia”).

A banda vén de sacar unha maqueta, gravados na Nasmo colaboración de Juan Figueiras (tamén no baixo).

  • Que vos dá a Nasmo? Que importancia ten para a música muradá?

A nós moitísimo. Se non fóra por Juan non estabamos aquí”, sinala Miki con rotundidade. “Ao final Juan fixo todos os grupos de Muros. The Rapants están aí gracias a Juan”, explica en relación á unha das bandas referentes para eles, onde toca o seu curmán Samuel e que mesmo teñen ido a ver en familia ata Madrid. No spotify compaxinan os temazos dos de Rapante con bandas indie como “Two door cinema club”.

Este verán teñen tocado xa no Muros Mira ao Mar, no Km.0 das Carrilanas, nalgunha verbena e mesmo nun chiringuito, e esperan ir dando máis e máis bolos por aí adiante. Aí queda a maqueta: 

Máis novas da Factoría Nasmo

Comentarios