Doble cita no Centro Cultural de Muros para esta fin de semana

Fin de semana activa en Muros. Este sábado é Santa Cecilia, patroa da música; e para celebralo, o venres 10, ás 20:15 horas tamén se proxectarán no auditorio unha curta e un documental. O documental é “O Médico dos pobres”, de Federico Rioboo, por medio do programa Outono Cultural da Deputación da Coruña, e será precedido da curta gravada pola rapazada de Muros “A vella praza do Chuvasco”. Neste caso a entrada é de balde, ate completar aforo; pero tamén poden facer as súas reservas no Centro cultural.

A cita do sábado continúa co programa teatral, pero tamén en clave de sol co musical familiar “Paio e o poder da música”, feito polo Oviravai, unha compañía galega adicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar.

Este espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es.