Martes. 30.04.2024
El tiempo

Doble cita no Centro Cultural de Muros para esta fin de semana

Teatro en Muros
Doble cita no Centro Cultural de Muros para esta fin de semana

Fin de semana activa en Muros. Este sábado é Santa Cecilia, patroa da música; e para celebralo, o venres 10, ás 20:15 horas tamén se proxectarán no auditorio unha curta e un documental. O documental é “O Médico dos pobres”, de Federico Rioboo, por medio do programa Outono Cultural da Deputación da Coruña, e será precedido da curta gravada pola rapazada de Muros “A vella praza do Chuvasco”. Neste caso a entrada é de balde, ate completar aforo; pero tamén poden facer as súas reservas no Centro cultural.

A cita do sábado continúa co programa teatral, pero tamén en clave de sol co musical familiar “Paio e o poder da música”, feito polo Oviravai, unha compañía galega adicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar.

Este espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected].

Comentarios