Dous motoristas feridos en sendos accidentes en Cabana e Muros

O Camión do GES de Muros no accidente rexistrado a altura do Ancoradoiro

Tarde de accidentes a deste domingo 24 de maio, nótase que Galicia vai volvendo á normalidade. Se en Fisterra un coche acababa en medio da praia, as estradas de Cabana e Muros eran testemuñas de dous accidentes de moto.

Accidente en Muros

Foi arredor das 16:15 cando un motorista perdía o control do seu vehículo na AC-550, a altura do cruce do camping do Ancoradoiro. Un particular avisaba ao 112 ao ver tendido, posiblemente, inconsciente, ao motorista. O 112 avisaba aos profesionais sanitarios, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, así como aos membros do GES de Muros.
O ferido, finalmente, foi trasladado con pronóstico reservado ao centro hospitalario de referencia.

Accidente en Cabana

Un par de horas máis tarde, rexistrouse outro accidente en Cabana, na estrada de vai a Laxe a altura de Taboído, en Canduas. GES de Ponteceso, os axentes da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil da localidadeasí como os Bombeiros de Carballo acodiron ao lugar do accidente de moto, no que resultou ferido, de leve, o motorista.