Martes. 19.03.2024
El tiempo

Cae un coche á praia da Ribeira de Fisterra

Accidente dun coche na praia da Riveira de Fisterra
Cae un coche á praia da Ribeira de Fisterra

Caída espectacular a que se vivíu na praia de Riberia, esta tarde de domingo arredor as 17:00h. Un coche pegaba un salto tremendo e acaba no medio e medio do areal.

A condutora, saíu ilesa do aparatoso accidente. É veciña do lugar, e de feito, estaba intentando aparcar no seu garaxe, no momento no que, sen saber moi ben como fixo, unha confusión púidolle provocar un acelerón involuntario que lle fixo coller forza para pegar un salto espectacular, dende o muro da Cerca, facendo un voo de moitos metros, tocando a varanda do paseo, e caendo no medio da praia.

Os Bombeiros tiveron que excarcelala, e aínda algo en shock explicaba que non sabía como fixera. Afortunadamente ficou algo dolorida. Foi trasladada en ambulancia ao Hospital e tras facerlle as probas repararon na rotura de tibia e peroné e posible afectación a un ombreiro.

Afortunadamente non había ninguén xusto no lugar onde caía o coche, e só houbo pequenos danos nalgún vehículo aparcado debaixo do muro da Cerca.

Caida dun coche a praia en Fisterra Caida dun coche a praia en Fisterra 3Caida dun coche a praia en Fisterra 2

Comentarios