O IES Fontexería parou por Palestina
Que importante é facer unha parada e pensar. E máis se cabe nos centros de ensino, onde a mocidade poida reflexionar sobre as cousas graves que pasan no mundo.
Por iso, non podemos máis que parabenizar a concentración realizada pola comunidade escolar do IES Fontexería, en Muros, que pon palabras ao que está a sufrir o pobo palestino: unha concentración como "repulsa á colonización ilegal, bloqueo e matanzas indiscriminadas que o goberno israelí está perpetrando contra o pobo palestino".
Despois da lectura dun manifesto no que se denunciou o "xenocidio" e se fixo unha chamada á comunidade internacional para que actúen contra as violacións dos dereitos humanos que se están producindo na franxa de Gaza, no Fontexería gardouse uns minutos de silencio e alzaron as bandeiras palestinas como símbolo de confraternización cun pobo que está sufrindo.
"Porque os dereitos humanos é responsabilidade de todos e todas e porque é urxente que se restableza a dignidade e a xustiza, os muradáns nun único berro reclamaron “Palestina libre!”.