Invasión de Veleiriños, e algunha caravela portuguesa, en Area Maior

Veleiriños en Area Maior-Foto-Manuel Maria Candamo

Como acontecera en 2017, e como vén pasando noutras zonas, esta tarde, a praia de Area Maior de Louro apareceu chea de Veleiriños (velella velella). Esta praga de medusas do Mediterráneo, non deberían ser perigosas, pero en todo caso “hai que ter coidado e non tocar os tentáculos azuis”, como recorda Alfredo López, do CEMMA, pois “un sple apegón, anémona, que son familia das medusas pode causar estragos en nenos ou alérxicos”.

As que si son verdadeiramente perigosas son as caravela portuguesas, que xa teñen aparecido por varias praias da zona. De feito, Manuel María Candamo asegura que viron onte un par polas dunas de Louro. Hai apenas un mes, Virgina Barrros atopou este exemplar de Physalia physalis (nome real da coñecida como calavera portuguesa) nas rochas de Camelle. “O que ten de bonita o ten de venenosa”, explica.


Calavera Portugesa atopada en Camelle-Foto-Virginia Barros

Novas relacionadas

Máis novas