Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Os Veleiriños invanden as praias da zona

Os Veleiriños invanden as praias da zona
Veleiriño na praia de Carnota-Foto-Rreme Beiro- velella velella Un Veleiriño na praia de Carnota-Foto-Rreme Beiro Imaxe dun Velella de AF Julien Imaxe dun Velella de AF Julien

Aparecen moitas veces pola zona sempre que hai temporal. Son os chamados “Veleiriños” (Velella velella), da familia das augamares ou medusas. É normal que cos temporais estes invertebrados de corpo brando e de vida libre, rematen varados nas nosas praias, como nos conta Alfredo López, do CEMMA.

Durante estes días foron atopamos moitos plas praias de Carnota e do Mar do Rostro, en Fisterra, e seguro que en moitas máis. Segundo nos explica o Cemma esta “pequena medusa de cor azul ten movemento limitado, desprazándose ó ser empurrada a súa pequena vela superior polo vento”.

”Non son perigosas pero mellor que non se toquen os tentáculos azuis, por se acaso”, recomenda Alfredo.

Teñen aparecido por moitos puntos da costa galega, “se ben o máis habitual é que aparezan a finais de agosto e a partir de setembro, cando o afloramento deixa de ser predominante e aumenta o vento do sur, suroeste”.

Hoxe só quedan esqueletos dos veleiriños no Rostro-Foto-Simón Hoxe só quedan esqueletos dos veleiriños no Rostro-Foto-Simón

Consecuencias do temporal

Tamén en Carnota houbo outras consecuencias do tempora. Aparecía varado na praia este golfiño.

Golfino varado tralo temporal na praia de Carnota-Foto de Marcelo Saborido Golfiño varado tralo temporal na praia de Carnota-Foto de Marcelo Saborido

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios