José Manuel Bermúdez presenta un libro salgado en Muros

Segue Muros creando escritores. A pasada fin de semana asistimos á presentación da primeira novela de Fran Lesón, e esta toca unha nova cita cos libros.

Así, este vindeiro sábado 16, as 19:00, no centro cultural de Muros, terá lugar a presentación do segundo libro que publica o escritor muradán, José Manuel Bermúdez. Esta obra titulada “Muros, un mar de historia” publicada por 2.0 Editora, do lourén Antón Lado, é un compendio da historia local na cal o autor fai un percorrido a través do tempo recopilando os acontecementos máis importantes acaecidos en Muros e no seu concello desde o tempo da prehistoria ata ben pasada a metade do século XX.

A súa primeira obra foi publicada o 17 de xaneiro de 2013 e tratase dunha novela catalogada entre o misterio e o suspense que leva como título, “De la luz a las tinieblas”, editada por United p.c.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).