Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas "Costa do Solpor"

Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas "Costa do Solpor"
Xa está nas librerías a primeira novela de Xosé María Lema Suárez, Costa do Solpor

Dende comezos desta semana xa podemos atopar na meirande parte das librerías do país a primeira novela de Xosé María Lema Suárez, colaborador desta casa. O mestre de mestres, logo de ducias de publicacións a través do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, lánzase á novela e sumérxese nunha historia de piratas, ambientada na Galicia do século XVIII.

"Costa do Solpor", que xa foi finalista do Premio Xerais 2011, supón unha auténtica viaxe pola historia, unha vez que Lema Suárez é un dos investigadores e historiadores máis importantes da Costa da Morte nestes tempos.

Nela, o autor ponse na pel dun escritor británico que, atravesando os mares na súa goleta, ten que abrigarse nun pequeno porto da Costa da Morte. O gran tesouro que porta seráo protagonista da trama.

En breve coñeceremos o seu novo blog, costadosolpor.blogspot.com, i é que este home non para de actualizarse. Polo de pronto, deixámosvos coa vibrante sinopse.

Sinopse de "A Costa do Solpor"

En breve coñeceremos o seu novo blog, costadosolpor.blogspot.com, i é que este home non para de actualizarse. Polo de pronto, deixámosvos coa vibrante sinopse.

Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais –un náufrago desmemoriado, un crego sabio e revolucionario, un fidalgo reformista...– e unha vila maldita que conforman a iconografía histórica da galega Costa do Solpor. A novela está ambientada na Galicia rural e urbana de mediados do século XVIII, facéndonos partícipes das angueiras da vida cotiá daqueles anos.

Costa do Solpor comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor británico de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor.Un membro da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga, marcha a uña de cabalo á cidade da Coruña e avisa o capitán dun bergantín pirata fondeado cun nome de conveniencia neste porto. O bergantín sairá ao encontro da goleta coa intención de lle incautar o tesouro. Logo da abordaxe, o grumete da goleta logra salvarse gañando a costa a nado. Os piratas perseguirano a morte pero o rapaz inglés farase amigo dun mozo e dunha moza da beiramar e tratarán, xuntos, de liberar a goleta e salvar os seus tripulantes dunha morte certa.
Costa do Solpor foi finalista do Premio Xerais de Novela 2011.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios