Muros bótase á música e ao humor

A mocidade muradá está tremenda. Mentres humor muradán invade a TVG, a factoría Nasmo segue producindo novas estrellas.

Pachi e Culo na TVG

Pincha na imaxe para ver os vídeos de PachiCulo no LandRober Descubrímolos na Gala QPC do Fútbol da Costa (por favor non perdan esa interpretación tan costeira), e xa están na TVG. O pasado mércores debutaban no Lando Rober con Roberto Vilar. E volverán, e van ser uns habituais. Ademais de levar as redes sociais do programa en directo, terán tamén o protagonismo de facer o #RetoPachiCulo, e veremos o que traen na noite de hoxe mércores, a partir das 22:00h, con Edurne e Santiago Segura. Ide á web da TVG e veredes varios dos vídeos da pasada semana, e estade atentos ao programa de hoxe.

A Factoría Nasmo en marcha

Segue funcionando a Sala Nasmo, formando e xerando bandas. Falamos desta volta de Archivo Adxunto. Esta banda Somos de punk-rock formada por tres membros: Javier Fernández Lariño (batería), Yeray Santana Lestón (baixo e coros) e Adrián Bouzas Caamaño (guitarra e voz) vén de gravar o sue primeiro traballo, Attachment, integramente producida na Sala Nasmo. E vaino presentar este sábado 17 de outubro na Casa da Cultura de Muros, a partir das 20:30h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).