Muros bótase á música e ao humor

17:51 30/09/15
A mocidade muradá está tremenda. Mentres humor muradán invade a TVG, a factoría Nasmo segue producindo novas estrellas.
Pincha na imaxe para ver os vídeos de PachiCulo no LandRober
Descubrímolos na Gala QPC do Fútbol da Costa (por favor non perdan esa interpretación tan costeira), e xa están na TVG. O pasado mércores debutaban no Lando Rober con Roberto Vilar. E volverán, e van ser uns habituais. Ademais de levar as redes sociais do programa en directo, terán tamén o protagonismo de facer o #RetoPachiCulo, e veremos o que traen na noite de hoxe mércores, a partir das 22:00h, con Edurne e Santiago Segura.
Ide á web da TVG e veredes varios dos vídeos da pasada semana, e estade atentos ao programa de hoxe.
Segue funcionando a Sala Nasmo, formando e xerando bandas. Falamos desta volta de Archivo Adxunto. Esta banda Somos de punk-rock formada por tres membros: Javier Fernández Lariño (batería), Yeray Santana Lestón (baixo e coros) e Adrián Bouzas Caamaño (guitarra e voz) vén de gravar o sue primeiro traballo, Attachment, integramente producida na Sala Nasmo.
E vaino presentar este sábado 17 de outubro na Casa da Cultura de Muros, a partir das 20:30h.
Pachi e Culo na TVG

A Factoría Nasmo en marcha

Novas relacionadas
- PachiCulo en vídeo da Gala da Costa.
- Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente.
- Folk Metal carnotán para o Festigal.
- Un par de dilleis nas cavernas de Muros.
- Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).