Muros fachendea do seu patrimonio mariñeiro tradicional

15 embarcacións tradicionais lucirán por Muros

Xa debullamos o programa completo das  XIX Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” 2024, que farán que a vila muradá faga unha viaxe pola súa historia.

Pero hoxe, da man da Asociación Cultural “Mar de Muros”, queremos poñer o foco no patrimonio tradicional mariñeiro que ten a vila. A entidade conseguiu reunir unha mostra a flote de 15 embarcacións tradicionais, de diferentes tipoloxías representativas das nosas costas, desde as Rías Altas ata as Rías Baixas.

Charlas abertas sobre a tradición mariñeira

Co fin de poder gozar deste patrimonio vivo, levaranse a cabo unha serie de actividades como xornadas de navegación tradicional ou visitas guiadas ás embarcacións e á Mariña Tradicional de Muros- Mardevelas. A primeira destas visitas terá lugar hoxe venres ás 6 da tarde; o lugar para inscribirse é no punto de encontro da mariña, no porto de Muros. Igualmente, durante o sábado e domingo haberá visitas no seguinte horario: 10:30, 12:00, 17:30, 19:00 e 20:30. As visitas son de balde.

Hoxe pola tarde, ademais de poder ver navegar este noso patrimonio marítimo pola abra de Muros, terá lugar, ás 20:00, o tradicional izado de velas inaugural.

Estas actividades forman parte da programación anual de Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial) e están apoiadas polo Concello de Muros e subvencionadas pola Deputación da Coruña.

O casco vello está engalado do século XIX

Máis info