Muros mergúllase na banda deseñada galega con Alex Senande
15 de maio de 2025 (09:32 h.)
Este venres 16 de maio, celebrarase, ás 20 h, na Antiga Fábrica de Sel, en Muros, a presentación de "Sentinelas no limiar das tebras" [Ed. Galaxia]. Contará coa participación do ilustrador Alexandre Senande. O compostelán estará acompañado por María Lago, alcaldesa de Muros, e Laura Rivadeneira, concelleira de Lingua.
Tras o éxito de "Sentinelas da lúa carmesí", Andrés Castro, Ozo Perozo e o ilustrador Alexandre Senande, volven cunha nova aventura que promete engaiolar lectores e lectoras de todas as idades neste singular universo literario que combina maxia, misterio aventura e amizade.