xoves. 08.05.2025
El tiempo

Muros marida a A XVII Mostra de Teatro Xosé Agrelo coas Letras Galegas

Muros Letras Galegas pres
Muros marida a A XVII Mostra de Teatro Xosé Agrelo coas Letras Galegas

Vén cargado o mes de maio por Muros. O Concello de Muros presentou o programa do Mes das Letras Galegas e a XVII Mostra de Teatro Xosé Agrelo, con numerosas actividades para todas as idades. Ademais da importancia para a dignificación da lingua galega, este ano destacaron durante a presentación que o teatro vai chegar ao alumnado dos centros de ensino.

Mostra de Teatro

PROGRAMA_MES_LETRAS_2025 Muros

PROGRAMA_Mostra Teatro Xose Agrelo Muros 2025

Programa das Letras Galegas

O acto central das Letras Galegas será o 17 de maio, cun acto da ofrenda a Xosé Agrelo ás 13:30 horas na Alameda de Esteiro, organizado pola AC O Xeito, en colaboración co Concello. Esa xornada rematará cunha foliada na praza do Mercado, organizada pola ACRD Praia do Castelo.
Haberá obradoiros de pandereteiras, homenaxeadas este ano nas Letras Galegas, e unha conferencia de Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega (RAG).

PROGRAMA_MES_LETRAS_2025 Muros 1 2

PROGRAMA_MES_LETRAS_2025 Muros 2 2

Comentarios