O 20 aniversario do Muros Mira ao Mar xa ten datas

Un obradoiro de cestería con Adisbismur no Muros Mira ao Mar 2023

Xa temos data para as XX Xornadas de Cultura Mariñeira ‘Muros Mira ao Mar’. A comisión organizadora aprobou a elección da data de celebración para a fin de semana dos 4, 5 e 6 de xullo de 2025

Será de novo unha fin de semana chea de actividades culturais e tradición mariñeira, nesta festa xa consolidada na comarca, na que o pobo de Muros é o principal protagonista, dándolle cor á vila, e convertindo a celebración nun atractivo e nun motor económico.

O concello recoñece e agradece “a implicación do tecido asociativo local e da veciñanza, encargada o ano pasado de ambientar as rúas e prazas de Muros”.

Nas vindeiras datas, farán pública a temática destas xornadas, as bases para participar no mercado mariñeiro e ofertarase aos centros de ensino a posibilidade de participar no concurso anual para elixir o cartel do evento.

Outras edicións