Muros recupera o Noitebús e o rebautiza como Xuvenbus
O Concello de Muros volve a poñer en marcha o transporte nocturno a lugares de lecer, que en pasadas datas se facía chamar Noitebús, e que a partir de agora se coñecerá como Xuvenbus. Un servizo que agora retoma o Concello e que xa se demostrou no entroido da súa necesidade.
O Xuvenbus circulará os vindeiros 16 e 23 de abril entre as localidades muradás de Esteiro e Louro, con saídas dende Esteiro ás 23.30 h e ás 05.00 h e dende Louro ás 00.00 h 05.30 h. Os bos resultados colleitados durante o Entroido fan que o Concello de Muros volva a facer un novo esforzo económico para que a mocidade poida desprazarse de xeito seguro cara as zonas de “marcha”.
Con todo isto, o Concello de Muros, pretende erradicar o problema da sinistralidade nas vías, ofrecendo alternativas preventivas reais ao uso do vehículo nas saídas nocturnas.
Con todo, ante a supresión das axudas autonómicas para o servizo, Concello de Muros volve a poñer de manifesto que" é unha necesidade que a Xunta de Galicia volva a convocar as axudas para a instalación deste servizo como se viña facendo ata o pasado mes de decembro, momento no que o ente autonómico reclinou a posibilidade de coofinanzar este servizo".
Nun recente estudo por parte de Direct Seguros, pon de relevancia que Galicia encóntrase no vagón de cola respecto ao resto das Comunidades Autónomas, ocupando a 5ª posición no índice de accidentes graves.
Novas relacionadas
- Muros xa ten cartel para mirar ao Mar.
- Máis de 200 rapaces demostran a necesidade do Noitebús no Entroido de Muros.
Fonte
- Concello de Muros.