mércores. 14.05.2025
El tiempo

Máis de 200 rapaces demostran a necesidade do Noitebús no Entroido de Muros

Máis de 200 rapaces demostran a necesidade do Noitebús no Entroido de Muros

A mocidade muradán volveu a responder ante a necesidade dun servizo de transporte nocturno a lugares de lecer cunha notable participación durante a campaña de Entroido impulsada dende a Concellería de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude.

Xa o pedían a berros ás portas da Sala Capitol durante o concerto de Jabon Blue que servía para a nova campaña da Xunta por unha condución libre de alcol. Aló estaban os Muriños Blues, ferventes seguidores da banda do ex dos Heredeiros, cantando instados polos representantes de GaliZa Nova aqulo do "Queremos Noitebús".

I é que empregar cartos nunha campaña por unha condución libre de alcol tras eliminar o servizo de noitebús non parece complementario. A mocidade esixe o noitebús.

Uso do noitebús durante o Entroido

Durante os servizos prestados, durante o sábado e o luns, contabilizouse a participación de 201 viaxeiros, cunha participación de 124 no sábado e con 77 no luns. O éxito de participación, pon de manifesto que a xuventude precisa alternativas preventivas reais ante o uso do vehículo nas saídas nocturnas.

O Noitebús estivo a funcionar entre Esteiro e Louro dende o ano 2007 ata o pasado 2010, xa que foi a partir do pasado mes de decembro, cando a Xunta de Galicia decidiu non convocar a axuda que se viña ofrecendo ás entidades locais anualmente. Polo tanto o servizo veuse paralizado, ante a imposibilidade económica de que o Concello se fixese cargo do 100% do seu custo. Ante isto, o Concello de Muros estudou a posibilidade de que o Noitebús, como así se coñece a este transporte, funcionase en datas sinaladas como sucedeu o pasado Entroido.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muros.

Comentarios