Muros vólcase co Sáhara cunha Campaña de recollida de roupa

Varios veciños comprometidos de Muros veñen de comezar coa Campaña de recollida de Roupa en Muros para Axudar a traer nenos saharauis no Programa Vacacións en Paz.

O lugar de recollida é o antigo Centro Médico, os novos Servizos Sociais, de luns a venres e de 8:00h a 15:00h.

A campaña de recollida de roupa está organizada pola SOGAP, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e conta coa colaboración do Concello de Muros.

Axudas da Deputación

A campaña coincide coa sinatura do acordo da SOGAP coa Deputación. A achega provincial supón o 70% dun orzamento total que ascende a 31.150 euros. O programa "Vacacións en paz" fai posible que 35 nenos e nenas saharauís pasen o período de vacacións dos meses de xullo e agosto acollidos por familias españolas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e imaxe de Quin Muros.