Muros vólcase co Sáhara cunha Campaña de recollida de roupa
07:26 13/11/12
Varios veciños comprometidos de Muros veñen de comezar coa Campaña de recollida de Roupa en Muros para Axudar a traer nenos saharauis no Programa Vacacións en Paz.
O lugar de recollida é o antigo Centro Médico, os novos Servizos Sociais, de luns a venres e de 8:00h a 15:00h.
A campaña de recollida de roupa está organizada pola SOGAP, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e conta coa colaboración do Concello de Muros.
Axudas da Deputación
A campaña coincide coa sinatura do acordo da SOGAP coa Deputación. A achega provincial supón o 70% dun orzamento total que ascende a 31.150 euros. O programa "Vacacións en paz" fai posible que 35 nenos e nenas saharauís pasen o período de vacacións dos meses de xullo e agosto acollidos por familias españolas.
Novas relacionadas
- 11-09-12: Musta e Chaima din adeus a Muros e volven á realidade do Sáhara.
- Da importancia de escoitar a historia en primeira persoa: Unha viaxe ao Sáhara Occidental con Santiago Jiménez.
Fonte
- Información e imaxe de Quin Muros.