Muros volcouse coa presentación do libro sobre a historia fotográfica de Juan Málvarez

Cheo para a presentacion do libro de Juan Malvarez en Muros

Vidal de Laxe a todo Bergantiños, Ramón Caamaño de Muxía ás comarcas de Soneira e Fisterra… cada comarca acostuma estar asociada a un fotógrafo histórico. E a comarca de Muros ten un nome marcado en ouro: Juan Malvárez.

A súa cámara foi testemuña de como pasaba a vida na comarca muradá, e a súa obra ben merecía, alomenos, unha publicación propia. Precisamente este martes 7 de maio, presentábase no Centro Cultural o libro “Juan Málvarez”, realizado por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, do CEF Vigo, coa colaboración de Josefina Novo Malvárez (neta do fotógrafo), e editado polo Concello de Muros.

O auditorio encheuse para coñecer de primeira man moitas desas imaxes que o fotógrafo cazou entre 1910 e 1955. Imaxes de acontecementos, como o mítico mitin de Castelao en Lira, as botaduras de paliebotes, ou imaxes de estudo das familias da vila.

Esta fin de semana faremos un especial con varias das súas estampas.


Suárez Canal, a alcaldesa María Xosé Alfonso, Josefina Novo Málvarez e Manuel Sendón durante a presentación

Máis novas