O Colexio de Esteiro sumérxese na Arte Contemporánea

Arte contemporanea no Cole de Esteiro
Museo de Arte Contemporanea no Cole de Esteiro

Completa semana de actividades a que afronta o Colexio Ricardo Tobío de Esteiro. Tras varios anos paseando pola historia, este curso chegaron á Idade Contemporánea.

Todas as aulas traballaron sobre algún aspecto desta época: revolución industrial, conquista do espazo, a evolución dos medios de comunicación, os inventos, a literatura, a arte... O colexio ambientouse para a ocasión. O alumnado de infantil preparou o seu propio museo, en primaria argallaron unha zona con temática espacial.

Esta semana continúa esa viaxe pola historia con obradoiros de pintura, de radio, de baile, xogos, cómic,... E incluso photocall.

O venres será o día con máis actividades e o alumnado irá disfrazado acorde a ocasión con vestuario que fará alusión a diferentes modas do século XX: Anos 20, anos 50, estilo hippy, punky,... Perfecto escenario para pechar a semana cun guateque no que colaborarán as familias.

O Cole de Esteiro viaxa ao espazo

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)-