O Colexio de Esteiro sumérxese na Arte Contemporánea



Completa semana de actividades a que afronta o Colexio Ricardo Tobío de Esteiro. Tras varios anos paseando pola historia, este curso chegaron á Idade Contemporánea.
Todas as aulas traballaron sobre algún aspecto desta época: revolución industrial, conquista do espazo, a evolución dos medios de comunicación, os inventos, a literatura, a arte... O colexio ambientouse para a ocasión. O alumnado de infantil preparou o seu propio museo, en primaria argallaron unha zona con temática espacial.
Esta semana continúa esa viaxe pola historia con obradoiros de pintura, de radio, de baile, xogos, cómic,... E incluso photocall.
O venres será o día con máis actividades e o alumnado irá disfrazado acorde a ocasión con vestuario que fará alusión a diferentes modas do século XX: Anos 20, anos 50, estilo hippy, punky,... Perfecto escenario para pechar a semana cun guateque no que colaborarán as familias.


Novas relacionadas
- Marzo 18: No Cole de Esteiro, os conflitos se solventan con mediación.
- Abril 17: O Cole de Esteiro segue navegando pola historia e atraca na Idade Moderna.
- Maio 2016: O Cole de Esteiro celebra unhas letras por Manuel María e o seu mestre Xosé Agrelo.
- Abril 2016: Unha Semana escolar no Medievo.
- Abril 2016: O colexio muradán que viaxa á Idade Media.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)-