Paso adiante para evitar o derribo de parte do edificio Sertaches de Esteiro
31 de maio de 2013 (10:32 h.)
Infórmanos hoxe Quin Muros dun asunto que pode ser un gran paso para evitar o derribo de parte do Edificio Sertaches, en Esteiro.
Hoxe a Comisión de Goberno do Concello de Muros, dou o primeiro paso para a legalización da 3ª e 4ª planta do Edificio, e mañá sábado ratificarase o acordo nun Pleno Extraordinario.
Este é o primeiro paso para evitar o derribo. O acordo Plenario favorable farase seguir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para a suspensión e anulación da orde de derribo e así poder legalizar a situación irregular na que se atopa o Edificio Sertaches.
Novas relacionadas
- 12-10-12: Os veciños do Edificio Sertaches amosan a súa indignación co Concello cunha carta.
- Os edís nacionalistas esixen concreción sobre a lei de Costas e o edificio Sertaches.
- Os veciños de San José seguen agardando polas obras na beirarrúas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).