O programa completo para aproveitar ao máximo o Muros Mira ao Mar
04 de xullo de 2024 (08:08 h.)
Vístese de gala a vila de Muros. É dicir, vístese de vila mariñeira do século XIX. Porque a vila, e sobre todo o pobo de Muros é o principal protagonista das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira ‘Muros Mira ao Mar. Esta finde de 5, 6 e 7 de xullo a vila muradá embárcase nesta fermosa festa histórica, coas casas, os comercios e as rúas engaladas ata o detalle, e as xentes disfrazadas.
O casco vello énchese de postos e de actividades (exposicións, charlas, obadoiros, concertos, actuacións de teatro na rúa, actividades náuticas...) nunha das festas máis fermosas
Podes descargar aquí o pdf co programa completo ou botar unha ollada aquí mesmo: