SORUM ensalza aos artistas da casa

Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, a Asociación muradana SORUM presenta, na sala de exposicións do Muíño de marea do Pozo do Cachón (Serres-Muros), os máis recentes traballos de pintores da localidade. Un xeito de poñer en valor o talento dos propios veciños.

Con esa finalidade nace a 6ª Exposición Pictórica de Artistas Muradáns, á que foron invitados Alejandro Senande, Carmen Senande, Fernando Rei, Miguel Lamela, Montse París, Pepa Sestayo, Amalia Costa, María Álvarez e Imma García.

A inauguración oficial celebrarase o xoves santo, 28 de marzo, ás 12:00h, pero a mostra permancerá aberta a longa fin de semana.

Horarios de visita

  • Xoves 28 de marzo de 2013 (Xoves Santo): Inauguración: ás 12:00 horas. Visitas: Pola mañá: De 12:00h. a 14:00h. Polo serán: De 16:00h. a 19:00h.
  • Venres 29 de marzo de 2013 (Venres Santo) Pola mañá: De 11:00h. a 14:00h. Polo serán: De 16:00h. a 19:00h.
  • Sábado 30 de marzo de 2013 (Sábado Santo): Pola mañá: De 11:00h. a 14:00h. Pola tarde: De 16:00h. a 19:00h.
  • Domingo, 31 de marzo de 2013: Pola mañá: De 11:00h. a 13:00h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).