A Asociación Sorum renova a directiva e xa pensa no Torneo de Fútbol muradán

09:05 23/07/12

Os membros da actual Xunta Directiva da Asociación SORUM, foron reelixidos, nos seus cargos para os próximos cinco anos pola Asemblea Xeral da entidade. Desta forma, o presidente, Domingo Guerra París, contará co mesmo equipo para proseguir coas actividades deste ano.
Neste sentido, os días 11 e 12 de agosto disputarase o Torneo de fútbol “Asociación SORUM”, entre os catro equipos da localidade. As semifinais serán:
- Volantes de Baño F.C. vs S.D.C.R. Esteirana;
- U.D. Monte Louro vs Muros S.D..
Nova entrega de premios
E tralo éxito da gaña do ano pasado, o último sábado de setembro (día 29), celebrarase a gala de entrega dos premios da asociación.
Novas relacionadas
- SORUM premia ás figuras máis destacadas do ano en Muros.
- A bitácora da semana (CLXXVII): Quin de Muros: Motos, Rutas e Amigos.
Fonte
- Nota de prensa da SORUM.