O Trail da Cova da Bruxa rompe marcas con 1.100 inscritos
22 de marzo de 2025 (12:31 h.)
O clube de atletismo Serres Runners ten todo listo para que o vindeiro domingo 30 de marzo se desenvolva na vila de Muros a cuarta edición do Trail Cova da Bruxa. Con 1.100 participantes superan o a marca de anotados en edicións anteriores.
A proba ten varias distancias, carreiras dende os máis peques, andaina e MiniTrail de 10km con 500 positivos, Trail Curto de 15km con 800 positivos e Trail Longo de 22km con case 1500 positivos.
A entrega de dorsais farase o sábado de 17:00 a 20:00 no polideportivo das Insuas (Serres) e os horarios do domingo son os seguintes:
- Trail Longo 9'30
- Trail Curto 9'45
- Trail Mini 10'00
- Andaina 10'05
- Carreiras de nenos a partir das 13:00
- Entrega de premios a partir das 14'00