Avanzan inscricións para o X Trail Viquingo de Carnota

O Departamento de Deportes do Concello de Carnota, o Club de Atletismo Carnota Runners e o Club O Jerreiro, xa teñen todo en marcha para que o domingo 23 de febreiro se celebre X Trail Viquinga do Concello de Carnota.
Unha proba singular, aberta a todas as categorías e con varias distancias para poder gozar ao máximo do territorio natural de Carnota. Unha proba que se celebra en plena Semana Santa, ao amparo das sempre exitosas Xornadas Víndemo Ver, no que a artesanía e a gastronomía local son protagonistas.
A saída de todas as probas efectuarase dende o Pavillón de Lamas de Castelo. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 09:00 h no pavillón de Lamas de Castelo e poderanse recoller ata 15 minutos antes do inicio da proba.
Inscricións
As inscrición realizaranse a través da páxina web www.magmasports.es, ata o xoves 20 de febreiro ás 23:59 h. cun custo de 10€ para as categorías Sénior e M50.
No caso dos/as menores de idade deberán ir acompañados dunha autorización dos proxenitores/titores, segundo o modelo establecido pola organización.
Polo de agora, xa hai máis de 60 inscritas.
Máis novas