Os traxes tradicionais de Torea e Abelleira volven ser protagonistas no intenso entroido de Muros
En marcha está o programa de Muros para o Entroido. Como novidade este ano haberá unha singular exhibición de Entroidos tradicionais de Torea e Abelleira, que se celebrará o mesmo domingo 23 no marco do espatacular concurso de Comparsas.
O Entroido xa comeza o venres con festas infantís polas parroquias de Louro e Tal, e continúa o sábado coa festa infantil e o desfile en Esteiro da man da Asociación cultural O Xeito.
Como dicimos, o domingo 23 é un dos días grandes.
Luns 24 e martes 25 haberá festas infantís en Esteiro, Srrres, Abelleira e Torea, e o mércores 36 será a fermosa festa do Enterro de Don Facundo, coa Asociación Os do Casco, que tamén arma unha laconada. Ademais, a Asociación Praia do Castelo artella unha festa.
O fin do entroido, o venres 28, coa festa na biblioteca de Muros.
Todos os programas do Entroido na Costa da Morte
Novas relacionadas
- 2019: Os “Fariña” de Esteiro doan o seu premio de Entroido á Fundación Érguete.
- 2019: Colorido, e polémica, nun vivido Entroido de Muros.
- 2019: Os Enterros do Facundo en Muros e da Sardiña en Carballo puideron co temporal.