Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Enterros do Facundo en Muros e da Sardiña en Carballo puideron co temporal

Enterro de Don Facundo no Entroido de Muros 2019-Foto-Xose Sendon
Enterro de Don Facundo no Entroido de Muros-Foto-Xose Sendon
Os Enterros do Facundo en Muros e da Sardiña en Carballo puideron co temporal

Aínda nos queda unha longa fin de semana de Enterros do Entroido que podedes ver na AxendaCostadaMorte. O Enterro do Caietano de Laxe ou o do Faustino en Malpica; o Enterro do Percebe de Muxía ou a gran festa da Mikaela de Buño.

Pero este Mércores de Cinza xa nos deixou dúas das citas máis singulares, que puideron co forte temporal de vento e chuvia.

Enterro do Facundo en Muros-Foto-Viva Eventos
Enterro do Facundo en Muros - Foto-Viva Eventos

Enterro do Facundo en Muros2

Por Muros tivo lugar o Enterro do Facundo, Facundo Folla Dobrado, concretamente.

Unha completa comitiva fúnebre choroulle a este finado o 6 de marzo de 2019 aos 65 anos, na casa mortuoria, a carpa instalada diante do concello.

“Facundo, no nos esperes levantado, xa iremos chegando… Ti ao teu aire”, lembrába a mensaxe da súa esquela.

Despois do paseo pola vila, tivo lugar a incineración na praia, coa axuda da Policía Local e do GES non vaia ser que escapase…

Por Muros, os coles tamén manteñen viva a tradición, como disfrutaron o pasado venres os peques do CEIP Ricardo Tobío, cando Divina levou este traxe tradicional tan espectacular.

Enterro de Don Facundo no Entroido de Muros 2019-Foto-Xose Sendon 2
Foto Xosé Sendón

Divina levou o Entroido ao cole Ricardo Tobio copia

Enterro da Sardiña en Carballo

Mentres, por Carballo, tamén se celebrou a despedida do Entroido co tradicional. A Charanga Santa Compaña foulle o toque musiqueiro e a Aula de Teatro Municipal e o grupo Vagalume Animación fixeron as rimas retranqueiras. Foi unha mágoa que non parase de chover, o que impediu a botadura do peixe ao río, pero as risas das viúvas, entre as que estaban Esperanza Aguirre ou as dúas Rosalías, foron de primeira.

Enterro da Sardina en Carballo 2019

Enterro da Sardina en Carballo

Máis información

Comentarios