Un Rastro Solidario para axudar aos animais de Muros

Estase facendo un oco na sociedade muradá a Asociación Animalista Anajata. E ben sabedes o que nos gustan estas propostas que coidan dos nosos amigos, como demostramos en Salvacadelos gracias ao eterno traballo da Clínica Veterinaria Argos.

Con ese mesmo obxectivo de coidar e crear novas familias, este vindeiro sábado 8 de outubro, Anajata artella un Rastro Solidario no Curro da Praza (no mercado de Abastos se chove) de 10:30h a 20:00h. Haberá moitas cousas novas usadas, pero sempre a bo prezo. E tamén poderedes coñecer aos peqeunos “peludos” que están en adopción, por se queredes ampliar a vosa familia.

Haberá hinchables e unha chocolatada para os peques.

Un bo xeito de colaborar con Anajata.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).