Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Campaña #Salvacadelos: Adoptar mellor que comprar

Campaña #Salvacadelos: Adoptar mellor que comprar
Salvacadelos - No compres una mascota- Adopta

Continuamos coa Campaña de concienciación que a Clínica Veterinaria Argos de Cee, a casa de Salvacadelos, quere facer a través destas liñas. Xa temos falamos da importancia e obrigatoriedade do chip, e nestes tempos de verán, da problemática de abandonos. Algo que nos levou ata o problema principal: demasiados cans para poucos fogares, como reducimos o número de cans?.

E se xa ese asunto era peliagudo, hoxe toca fala doutro: Adoptar mellor que comprar.

É complicado dicirlle á xente que ten que facer, e dicirlle que non debe mercar animais. Pero a realidade é que hai demasiados canciños sen fogar, moitos animais que necesitan un teito, unha familia. Seguramente non serán da túa raza preferida, non terán pedigree, pero están desexando darte todo o cariño que teñen.

É complicado explicalo, pero realmente hai moitas razóns para adoptar:

  • É un exercicio de responsablidade.
  • Salvas vidas. Adoptar é rescatar unha vida do abandono e da morte. É un puro acto de humanidade.
  • O amor non se merca. E terás unha boa recompensa de amor e lealtade eternas.
  • Deixas de participar do mercado, do comercio con animais.
  • Faste único, faste persoa, dando outra oportunidade a un ser vivo.
  • Non terás problemas en atopar o teu idóneo amigo. Por desgracia, hai ducias de posibilidades onde escoller.
  • E claro, é moito máis barato, de balde, vaia.

Campaña de concienciación de Argos e Salvacadelos

Máis información de Salvacadelos

Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC. posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar.

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios