Unha nova ocasión para coñecer o Camiño Inglés dende Muros
24 de maio de 2016 (07:59 h.)
Continúa a comarca de Muros e Noia decidida a recuperar o Camiño Inglés que une o Arciprestado de Entíns e Compostela. Desta volta artellan unha peregrinación conxunta, en 5 etapas, aberta a todo o mundo. A ruta realizarase en dúas fins de semana, a do 18 e 19 de xuño, e a do 2 e 3 de xullo.
Realmente son 4 xornadas, pois a segunta etapa se desdobla. O sábado 18 partirase ás 8:30 de Muros a Outes. O domingo 19 hai da Igrexa do Freixo, en Outes, ata a Praza do Tapal de Noia, pero os que veñan de Porto do Son farán o propio ata a capital noiesa. E as dúas últimas etapas, 2 e 3 de xullo, de Noia a Rois e de Rois ao Obradoiro.
Xa se poden inscribir, ata o 12 de xuño, inserindo 5€ na conta de La Caixa ES12 0133 8032 8142 00001 1531.
Novas relacionadas
- Abril 2016: Muros recupera o Camiño dende o Arciprestado de Entíns a Compostela.
- Decembro 2015: Muros xa saúda con “Bo Camiño”.
- Maio 2015: O Turismo de Muros e Noia convoca unha reunión para pelexar por unha Ruta Xacobea.
- Xaneiro 2015: Por unha ruta Circular peregrina entre Santiago, Fisterra-Muxía e a ría de Muros e Noia.
- Maio 2015: Muros recupera o seu sabor salgado.
- 2012: Muros recupera o seu patrimonio sacro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).