mércores. 07.05.2025
El tiempo

Unha nova ocasión para coñecer o Camiño Inglés dende Muros

Unha nova ocasión para coñecer o Camiño Inglés dende Muros
Camino Ingles Muros e Noia

Continúa a comarca de Muros e Noia decidida a recuperar o Camiño Inglés que une o Arciprestado de Entíns e Compostela. Desta volta artellan unha peregrinación conxunta, en 5 etapas, aberta a todo o mundo. A ruta realizarase en dúas fins de semana, a do 18 e 19 de xuño, e a do 2 e 3 de xullo.

Realmente son 4 xornadas, pois a segunta etapa se desdobla. O sábado 18 partirase ás 8:30 de Muros a Outes. O domingo 19 hai da Igrexa do Freixo, en Outes, ata a Praza do Tapal de Noia, pero os que veñan de Porto do Son farán o propio ata a capital noiesa. E as dúas últimas etapas, 2 e 3 de xullo, de Noia a Rois e de Rois ao Obradoiro.

Xa se poden inscribir, ata o 12 de xuño, inserindo 5€ na conta de La Caixa ES12 0133 8032 8142 00001 1531.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios