Vinte desempregados de Muros fórmanse como axudantes de cociña

Quince dos participantes xa atoparon traballo en varios locias hostaleiros da zona Doce mulleres e oito homes en situación de desemprego veñen de participar no curso de axudante de cociña organizado por Cáritas Parroquial de Muros coa colaboración de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e da fundación Inditex. Durante 25 días os participantes recibiron a formación teórica - 100 horas - nas instalacións do camping restaurante A Vouga de Muros. Unha vez concluidas realizaron as prácticas nos distintos establecementos hoteleiros da zona dunha duración de 100 horas. No curso aprenderon a preelaborar alimentos, preparar e presentar elaboracións culinarias sinxelas e coñecer outras máis complexas, executando e aplicando operacións, técnicas e normas básicas de manipulación, preparación e conservación de alimentos. Seis dos participantes firmaron xa contrato nos establecementos hosteleiros nos que realizaron as prácticas, outros nove fixeron en locais diferentes e o resto está pendente de atopar a súa oportunidade laborl de cara ao verán. Na clausura do curso, pariticiparon Alfonso Mera, párroco e consiliario de Muros, e José Alberto Fernández Garralón, en representación de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Nas súas intervencións quedou patente a importancia de realizar cursos deste tipo para que así as persoas teñan máis posibilidades no mercado laboral. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Cáritas Muros