Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Cáritas organiza unha nova peregrinación, a pé, de Cee a Compostela para gañar o Xubileo

Cáritas organiza unha nova peregrinación, a pé, de Cee a Compostela para gañar o Xubileo
Peregrinacion de Cartias Cee a Compostela

Seguen as peregrinacións en grupo ata Compostela, no marco do ano Santo da Misericordia. Esta fin de semana ían den Muros, repetindo a peregrinación dende o Arciprestado de Entíns e o mes pasado tocábases aos feligreses dos Arciprestacos de Soneira, Nemancos e Duio. Desta volta é Cáritas Parroquial de Cee a que organiza unha peregrinación a Santiago nos vindeiros días 1, 2 e 3 de Xullo. Partirase dende a Igrexa Parroquial de Cee o venres 1 de xullo as 20:00h da mañá chegando a Mazaricos para pasar a primeira noite deste camiño no polideportivo de dito municipio.

Dende Mazaricos dará comezo o segundo día que rematará no polideportivo de Negreira onde os peregrinos pasarán a noite. O derradeiro día será ca ansiada chegada a Catedral de Santiago para participar na Misa do Peregrino ás 18:00h.

A Directiva de Cáritas Parroquial de Cee invita a todo aquel que queira compartir esta experiencia connosco. Para realizar a inscrición deberase acudir a Igrexa Parroquial de Cee ou as oficinas de Cáritas de Cee antes do Domingo 26 de Xuño, sendo a cuota de inscrición de 25 € que inclúe todas as comidas do día e o autobús de regreso.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios