De Xián Pais, a Celso Fdez. Sanmartín e Mondra, na tremenda Semana Cultural do IES Fontexería
Menudo nivelazo. Celso Fernández Sanmartín, Mondra, Xose Maseda, Cestola na Cachola, Xián Pais, A Xanela do Maxín, Iwias... a 37ª Semana Cultural do IES Fontexería, desenvolta na previa destas vacacións de Semana Santa, foi un fervedoiro de cultura galega.
Unha das citas que máis gustaron foi o concerto de Xián Pais e Xosé Maseda. O primeiro, loureán que lanza as súas rimas xa nas grandes plataformas de son, puxo a cantar a todo o centro, e o segundo, viveirense deu unha charla sobre o valor literario das letras na música urbana.
Pero é que tamén tiveron unha sesión de contos co gran Celso Fdez. Sanmartín, un dos mellores contadores do país.
Pintaron un mural sobre Castelao coas artistas de Cestola na Cachola.
Gozaron dos monicreques con A Xanela do Maxín e aprenderon baile tradicional (e tradi) con Mondra, unha das voces máis importantes da escena galega.
Viron de primeira man como medra a canteira musiqueira de Muros, cos concertos de Iwias e La Bomba, que ensaian na máxica Sala Nasmo.
E tamén houbo un obradoiro de baile irlandés que gustou moito, así como de Ecopercusión que lles encantou.
Pero tamén foron protagonistas os propios mestres, cun concerto, e o alumnado de 1º e 2º ESO, que propuxo unha obra de teatro; así como dous alumnos de 4ºESO que realizaron dous monólogos que quedaron campeóns e subcampeóns na olimpiada filosófica de Galicia.
Mención aparte merece os recreos de karaoke, que serven para que a rapazada perda a vergoña no escenario.
Queda pendente a visita da Asociación Galega de Apoio ao Pobo Saharaui, actividade que reprogramarán en breve.