mércores. 17.09.2025
El tiempo

O mestre do IES Fontexería, Ramón Xosé Beltrán Carballeira, lanza a súa primeira novela lingüistica

Ramón Xosé Beltrán Carballeira presenta a novela A palabra de Morfeo
O mestre do IES Fontexería, Ramón Xosé Beltrán Carballeira, lanza a súa primeira novela lingüistica

Natural de Camariñas (1963), pero criado dando tombos polo país, Ramón Xosé Beltrán Carballeira, é profesor de historia no IES Fontexería de Muros. Este “coruñés” licenciado en Xeografía e Historia na USC, leva publicados varios manuais sobre o uso do galego pero acaba de saltar ao mundo da literatura coa súa primeira novela: “As palabras de Morfeo” [Edicións Morgante].

”Si, é primeira novela que publico. O interese pola lingua galega foi o que me moveu a escribir os meus primeiros libros, manuais de gramática e aprendizaxe, pero dende sempre me gustou escribir ficción, relatos breves. Dun deses relatos breves naceu a idea de "As palabras de Morfeo", digamos que é un conto que medrou”.

”O título da novela fai referencia á trama da mesma”, explica, dando conta da novela tamén coa lingua. “Un home novo ten un soño no que ten acceso a un relato nunha lingua que descoñece, consegue transcribila ao papel antes de esquecelo pero segue sen saber de que tratan as cen follas que escribiu. A busca do senso dese escrito lévao a coñecer a unha experta lingüista e ao seu vello profesor. Pasado e presente de todos eles conflúen e forxan unha aventura onde o onírico e o real danse a man”.

A novela transcorre por diversos escenarios como os cantís Loiba, Ortigueira, Santiago, Madrid e ata Udine. “Como xa dixen antes tamén hai varios escenarios temporais e mesmo intemporais”.

Comentarios