O BNG comarcal volve a denunciar “as actitudes machistas e misóxinas” do alcalde de Muxía nun novo pleno

Xa non é a primeira vez que pasa e está a convertirse en habitual. Hai tempo que os plenos de Muxía xeneran unha vergoña allea que fai incómodos seguilos, e en boa medida pola “as actitudes machistas e misóxinas” do alcalde de Muxía, tal e como denuncia o grupo de acción feminista do BNG da Costa da Morte. “Hai liñas vermellas que non lle imos permitir que traspase”, sinalan as feministas do BNG, que consideran que as actitudes do rexedor “son do machirulismo máis rancio e máis propias dun representante da ultradereita que dun membro dun partido que se presenta como progresista e feminista”

Pasou de novo o 18 de xullo na localidade, no que o socialista Santiago Toba “ultrapasou de novo calquera límite realizando continuas manifestacións machistas dirixidas ás concelleiras da Corporación", denuncia o BNG.

Desde o grupo feminista afirmaron que na última sesión plenaria, na presentación dunha moción sobre a formación de colonias de gatos, o alcalde dirixiu á concelleira do BNG o comentario: “Mercedes Barrientos Varela, vostede a puntiña nada máis”...

 

 

Máis novas sobre o conflito nos plenos muxiáns