Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O alcalde de Muxía sobre unha concelleira: “Está pallá”

Pleno Muxia febreiro 2024
O alcalde de Muxía sobre unha concelleira: “Está pallá”

Continúa dando vergoña allea a realción entre os políticos de Muxía. Ver os plenos é todo un exercicio de contrición e impotencia ao ver a cantidade de insultos e alusión persoas que se lanzan os protagonistas políticos. Agora, tamén as comisións son así de incómodas, segundo denuncia o PP nun comunicado.

Na mañá do pasado mércores celebrábase unha comisión de contas, e volveron aparecer “as fallas de respecto, insultos e referencias ás vidas persoais dos concelleiros por parte de Iago Toba, dirixente deste concello”, lamenta a voceira do PP, Sandra Vilela.

Vilela aseura que no canto de responder ás preugntas da oposición, “a resposta do alcalde é sempre a confrontación”, ademais de facer “referencias á vida persoal da portavoz popular unha situación que vimos vivindo dende fai tempo”.

”Mais o acontecido onte foi un paso máis alá cando o Sr. Toba en referencia a un problema de saúde da concelleira popular Sofía López se refire a ela dicindo que “está pallá” ata en 3 ocasións”, denuncia Vilela. As edís decidiron abandonar a comisión, dende logo, acompañadas tamén polo voceiro do grupo Independentes por Muxía.

Dende o Partido Popular de Muxía “xa non só nos parece unha actitude lamentable senón que cremos non pode consentirse por máis tempo o acoso, persecucións e vexacións que os concelleiros da corporación temos que sufrir a diario nos plenos e comisións, temos que engadir que, de xeito máis incisivo, cando se trata de concelleiras”.

Piden polo tanto “unha desculpa pública do rexedor á nosa concelleira Sofía López e anunciamos que de continuar por esta senda dende o PP estamos dispostos a tomar medidas xudiciais para defender a dignidade das súas membros de grupo”.

Comentarios