As alumnas do equipo "Muxía en Órbita" triufan na fase estatal do proxecto científico Cansat
A comunidade educativa do IES Ramón Caamaño vive dias de ilusión. As alumnas do centro muxián que forman o Equipo "Muxía en Órbita" (Xeila Castro, Ana Andrea Lema, Iria Canosa, Irea Vilela, Paula Rey e Zaira Toba), participaron o día 17 de maio na fase nacional do proxecto Cansat, como gañadoras da fase rexional e únicas representantes da comunidade autónoma de Galicia.
Malia unha serie de dificultades técnicas no lanzamento do satélite, defenderon os datos obtidos con éxito. O xurado outorgoulles o premio honorífico, destacando nelas as súas aportacións orixinais: a conexión da música cos datos científicos, o empoderamento da muller na ciencia e a visibilización da cultura galega a través do proxecto.
O traballo das 6 rapazas recibiu o apoio incondicional dos mentores do proxecto Carlos López Bueno e Verónica Paz Vidal, e tamén a colaboración de profesores, persoeiros destacados da cultura galega e internacional, os diferentes patrocinadores e a USC.