O Camping Lago-Mar prepara un verán cheo de actividades culturais

Un evento na terraza do Camping Lago Mar

O Camping Lago-Mar presenta a súa programación para o mes de xuño confirmando a súa aposta pola cultura e por se converter nun espazo de referencia na Costa da Morte. Tralo éxito espectacular do Concurso de Monólogos, prepara xa un programa estival de concertos semanais, unha selección de obradoiros, teatro e máis gastronomía son as propostas deste mes.

O espazo xestionado por Horta Creativa, unha cooperativa cultural muxiá, segue sendo un inmellorable punto de chegada para visitantes de toda Europa, pero tamén reafirma a súa aposta por convertirse en punto de encontro para acultura da comarca, acollendo a creadores e artistas, e ofrecendo opcións culturais para todos os hóspedes, visitantes e habitantes dos arredores.

A programación do camping arrancará esta mesma semana e alongarase durante todas as fins de semana do mes.

Música

A música seguirá sendo unha das citas principais da programacióne haberá para todos os gustos.

Xa este venres 6 de xuño ás 21:00 horas comeza o programa co concerto de Mi Buenaventura. Os colombianos que viven en Bilbao regresan ás súas raíces achegando a música colombiana e mesturándoa coa indoeuropea dando como resultado cancións que convidan a mover ben as cadeiras.

O sábado 14 ás 13:00 horas subirase ao escenario o portugués Homem em Catarse, e o domingo 15 ás 13:00 horas haberá concerto de Tabernarias,

Os concertos seguirán o venres 20 ás 21:00 horas co pop electrónico da galega Zavala, unha das revelacións desta temporada no mundo da música galega contemporánea. 

Para o sábado 28 ás 19:30 horas tocaralle ao vigués Francisco Castro. coas súas letras cheas de historias e música brava e rocanroleira.

Obradoiros

Os obradoiros serán parte importante dentro da programación de xuño. Haberá tres, o primeiro será o Obradoiro de construción de pandeiro info@campinglagomar.es

O seguinte será un Obradoiro de Creación Teatralco, con Mariña Lestón. Será o domingo 22 de xuño de 18:00 a 19:00 horas. Ten un prezo de 15 euros, e é necesario inscribirse enviando un correo a marinhaleston@gmail.com

Por último, o luns 23 de xuño haberá  un Obradoiro de bordado coas herbas de San Xoán.

Teatro e monólogos

En xuño o teatro es as risas seguirán tendo tamén o seu espazo. O venres 13 de xuño ás 21:00 horas o Grupo de Teatro Camelle traerá ao camping o seu Teatro de Comedia First Lerias.

Ademais, este mes haberá unha cita especial. As rapazas do Faiado Podcastg, un dos podcast máis recoñecidos actualmente, ravarán un episodio no camping e conversarán sobre música e festivais co Asalto ao Castelo, Carballeira de Zas e Festiletras do Couto.

Brunch e gastronomía

Destacar tamén que todos os domingos do mes haberá brunch de 11:00 a 12:30 horas. 

Do 1 ao 12 de xuño a cociña abrirá de luns a xoves de 18:30 a 22:00 horas; e venres, sábados e domingos de 13:30 a 15:30 horas e de 19:30 a 22:30 horas. A partir do 13 de xuño e para o resto do verán o horario será o mesmo todos os día da semana: de 13:30 a 15:30 horas e de 19:30 a 22:30 horas.