Demelsa de Camelle, gran triunfadora do Concurso de Monólogos do Camping Lagomar

Noite especial no camping Lagomar. A terraza enchíase para celebrar a gran final do fantástico Concurso de Monólogos do camping muxián. E menudas risas botou a xente con 4 auténticas artistas que demostraron que temos unha comarca chea de humor.

E o preferido pareceu ser o de Camelle, unha vez que a gañadora foi Demelsa Marcote (@marcotemarcote), que arrincou as risas de todo o público contando historias dunha camellá na Coruña.
Por detrá quedaron a fisterrá de Sardiñeiro Alba Castro (@mamatopa_alba); o tamén camellán Luís Baña (@luis_camelle), e o do Pino Tino Barros (@tino.barros), unha vez que o coruñés Miguel Canalejo, que gañara a semifinal non puido estar.
Con este espectáculo gañou Demelsa, abrindo o que pode ser unha simpática carreira #senmedoaoéxito.