A comunidade escolar do CEIP Vilarminde invita a veciñanza a unha Andaina contra o Cancro

O CEIP de Vilarmide Eduardo Noya prepara xa a III Adaina Contra o Cancro Infantil. Unha cita que conta coa asistencia confirmada do alumnado do CEIP Virxen da Barca (Muxía) e do IES Ramón Caamaño (Muxía), pero as comunidades escolares queren invitar a toda a veciñanza nunha Andaina dende a Lonxa ata a Praia de Espiñeirido e volta.

Ao final, todos os participantes terán un premio: un chocolate quente e uns pinchos preparados polas mulleres da Asociación Contra o Cancro de Muxía sufragado pola case totalidade de bares, restaurantes e tendas de alimentación de Muxía.

Dende o centro agradecen a todos os colabores, así como a Protección Civil de Muxía, ao Concello e a Cofradía de Pescadores que os ofrece as instalacións da lonxa. 

Así foi a cita do ano pasado: