luns. 17.03.2025
El tiempo

As familias de Muxía uníronse para “patear” o cancro infantil

Andaina Solidaria Muxia
A lonxa acolleu o fin de etapa con chocolatada
As familias de Muxía uníronse para “patear” o cancro infantil

Este luns Hoxe por fin o tempo axudou e permitiu realizar a II Andaina Solidaria “Ven a patear o cancro Infantil”. organizada polo CEIP de Vilarmide, a Asociación Aladina e a Asociación española contra o Cancro.

O alumnado do CEIP de Vilarmide Eduardo Noya, do CEIP Virxen da Barca e do IES Ramón Caamaño de Muxía, acompañados por moitos pais e veciños, saíron da lonxa cara a Espiñeirido para "patear o cancro".

A experiencia completouse á volta á Lonxa, onde mulleres da Asociación Local Contra o Cancro tiñan preparado un riquisimo chocolate para repoñer forzas.

chocolatada en muxia

Dende a organización queren dar as grazas a todos os bares, supermercados e carnicerias do concello pola súa xenerosa aportación (leite, chocolate, postres, vasos), pero tamén a Protección Civil de Muxía, que sempre está cando se lle pide axuda; a Confraría de Pescadores por permitir o uso da lonxa para facer o chocolate e por suposto a todos os veciños que pagaron a inscripción na Andaina ou mercaron os panos para a Fundación Aladina contra o cancro infantil.

Foi unha xornada na que maís importante que a recaudación (que tamén) o que se pretendía era visibilizar a enfermidade, apoiar aos enfermos e as súas familias e sobre todo transmitir unha mensaxe de positivismo lembrando que cada día a investigación avanza contra ese terrible enemigo.

Asociacion Contra o Cancro Muxia

Comentarios