A Comunidade escolar e a veciñanza uníronse en Muxía contra as violencias

Concentracion polo 25N en Muxia

Levar á loita feminista contra ás violencias ás escolas perfílase como un dos únicos camiños vables para acabar con esta enfermidade social. E por Muxía tivérono claro, centrando as actuacións arredor do centros educativos. O CPI Virxe da Barca e IES Ramón Caamaño xunto cos veciños e veciñas, acompañaron aos reponsables do Concello de Muxía e CIM Muxía na concentración celebrada a pasada mañá de luns 25 de novembro. Foi un acto moi emotivo, ver como veciños e estamentos públicos de Muxía facían causa común.

Unha cita para “alzar a nosa voz clara e rotunda contra a Violencia de Xénero, e para esixir medidas eficaces contra este cancro que só se pode combater desde a unión, a educación e unha sociedade na que prime o amor, o respeto a tolerancia e por riba de todo a IGUALDADE entre homes e mulleres”, como explica David Creus Andrade, director do IES Ramón Caamaño de Muxía.

Falou unhas verbas o alcalde Iago Toba para logo darlle paso a Concelleira de Igualdade Olalla Benlloch que leu un manifesto elaborado polas mulleres que conforman o CIM.

Por parte da comunidade escolar Johana Haz, Sara Haz, Marta Caamaño, Silvia Toba de 1º da ESO e Carla Martínez e Lucía Pazos de 2º leron tamén un maravilloso manifesto escrito por esta última. Léron tamén Sofía Valiño, Cristina Quintáns e Laura Santiago de 3o e 4o da ESO unha escolma de frases: denuncias, críticas proclamas alusivas ó tema froito do traballo nas aulas. Para rematar Silvia e Johana de 1º da ESO leron dous poemas da súa autoría, un deles un "acróstico" formando a palabra igualdade.

Pon as lentes violetas

Boa implicación do profesorado que estivo as semanas previas traballando co alumnado nas aulas, facendo diversas pancartas para visibilizar o tema no centro, e ó que axudou na elaboración da actividade de visionado colectiva nos segundos recreos da semana previa e posterior ó 25 de Novembro: PON AS LENTES VIOLETAS, que consistiu e consiste no visionado de "curtas" de poucos minutos con temática de denuncia sobre a violencia de xénero na pantalla do hall do centro. Tamén durante os primeiros recreos se proxectan videos musicais de artistas que coas súas letras axudan a visibilizar o problema.

Novas relacionadas