Completo dispositivo para a busca un home na contorna dos Muíños

O Helicóptero na procura do desaparecido

Informa hoxe a Garda Civil da posta en marcha un dispositivo de busca pola desaparición dun home na contorna da praia dos Muíños, en Muxía, onde sea atopou o seu vehículo dende o martes. Foi a súa familia, dende Madrid, a que alertou da desaparición ao non ter novas del dende o ese mesmo día. 

A Policía Local, Protección Civil están sendo acompañadas por 3 patrullas da Garda Civil na procura dun home de orixe madrileña, que se aloxaba nun apartamento da vila da Barca, e que viña ata o mar da Costa da Morte a botar as cinzas da súa muller.

Ao medio día, incorporouse ao dispositivo a embarcación de Salvamar e o helicóptero de GardaCostas. 

A embarcación de Salvamar tamén participando no dispositivo