Dispositivo para sufocar un incendio no centro de Muxía

Susto esta mañá na Rúa Marina de Muxía, cando comezaba a saír fume. Un veciño alertaba dun vehículo en lapas dentro dun garaxe, e pronto acodían os membros de Protección Civil co seu vehículo BUL, e un axente da Polícia Local, para sufocalo.

Non houbo feridos nin danos noutros vehiculos, só a problemática co fume.

Así quedou o vehículo